Wednesday 24 de April de 2024

Trenor supervisa as obras da nova Senda Fluvial no Refuxio de Verdes que contou cun apoio da Xunta de máis de 48.000€


Trátase dunha intervención que discorre paralela ao curso do río Anllóns ao longo dun 1.400 metros e que estará finalizada a finais deste mes de xullo

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor,acompañado polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, visitou esta mañá os traballos da nova senda fluvial integrada no chamado refuxio de Verdes.
Trenor destacou que “se trata dunha intervención que discorre paralela ao curso do río, ao longo duns 1.400 metros entre paisaxes boscosos e campos de cultivo. O ámbito no que se está a executar esta obra atópase en “zona de especial conservación” dentro da Rede Natura 2000″. Neste senso, subliñou que o proxecto foi financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun orzamento de 48.300 euros e está previsto o seu remate a finais desde mes de xullo.

Antes de levar a cabo esta actuación, apuntou o delegado, “o sendeiro contaba cunha sección reducida apenas identificable nalgúns tramos e prácticamente reducida a usuarios de activades pesqueiras.
A proposta que se está executando contemplou a limpeza, mellora e pavimentación do recorrido peonil así como a incoporación de accesos desde o viais asfaltados mediante pasarelas ou rampas de madeira. O trazado da senda é de case 1.400 metros, cun ancho medio de 1,25 metros e unha superficie total de 1.717 metros cadrados.

Trenor destacou que esta obra é unha oportunidade para poñer en valor a paisaxe deste entorno natural de gran beleza así como a fauna e flora que acubilla. Tamén brindará unha oportunidade de lecer ao aire libre e en plena natureza aos veciños e visitantes,